Para facer esta tarxeta precisas estes materiais:
- Cartolina.
- Lapis.
- Goma.
- Tesoiras.
- Regra.
- Compás.
Para decorar podes utilizar:
- Pegamento.
- Rotuladores.
- Papel decorativo.
- Selos.
- Outros materiais.
Segue os seguintes pasos:
1. Colle a folla reutilizada e fai unha liña de 10cm.
2. Colle o compás e abreo a 10cm tamén.
3. Traza un semicírculo, pinchando nun dos extremos da liña.
4. Fai o mesmo co outro lado.
5. Haberá un punto no que os dous semicírculos que trazaches pasarán un por riva do outro; ese será o vértice A).
Une o vértice A) cos vértices B) e C), formndo un triángulo equilátero.
6. Borra o que debuxaches anteriormente co compás. Quedará algo así:
7. Recorta o triángulo.
8. Agora, colle a cartolina e calca o triángulo que recortaches, non o arrimes moito as esquinas.
9. Pegado o triángulo que trazaches (que vai ser o triángulo central) volve a calcar un.
10. E así con todos os lados do triángulo central.
11. En todos os triángulos, a excepción do central, fai unha marca a tres centímetros do lado que comparten con dito triángulo.
12. Coa regra, marca as dobreces; as de máis ó medio, cara a dentro e as de máis a afora, cara afora. Tes que dobrar con moito coidado, de elo depende que a tarxeta cadre ben.
13. Decora por dentro e por fora cos materiais que máis te gusten.
14. Para cerrala, atende ós seguintes pasos.
XA TES A TÚA TARXETA REMATADA!!!
Por Olalla
No hay comentarios:
Publicar un comentario