Para executar estes chaveiros necesitaremos os seguintes materiais:
- Lapis.
- Goma.
- Feltro da cor que queiras.
- Caucho da cor que queiras. (Goma eva).
- Cola.
- Cola de rato ou cordón.
- Tesoiras.
- Rotulador permanente. (Mellor negro).
Os pasos son os seguintes:
- Colle o caucho, e debuxa a forma que desexes, no meu caso con forma de corazón, e párteo cunha raia ao medio, non é necesario que sexa recta.
- Agora, colle as tesoiras e recorta a figura que debuxaches antes, incluída a raia que a dividía en dous.
- Agora que temos a nosa figura dividida en dúas partes, collemos o feltro, apoiamos unha das metades e co rotulador repasámola, faremos o mesmo co outro lado.
- Recortamos as metades de feltro, collemos a cola e botámola no caucho, pero na parte superior non debemos botar cola para logo poñerlle o cordón, despois de botar a cola e collemos as dúas metades de feltro e apertamos, se nos queda o caucho ou o feltro un máis grande que o outro recortamos para igualar os lados.
- Debería quedarche así:
- Agora cortamos a cola de rato, recoméndoche que a cortes dunha medida duns 16cm. Colle os dous extremos das puntas e xúntaos para inserilos na punta despega dunha das metades que tiñamos, podes axudarte cun alfinete.
- Para dar o toque final, só tes que escribir co rotulador: o nome da outra persoa; no teu e no no seu, o teu nome ou tamén podes poñer as iniciais dalgunha frase ou dos vosos nomes. Eu puxen: BFF (Best Friends Forever) que significa; mellores amigas para sempre.
Por Yaiza
Que bonito e que fácil
ResponderEliminar