Para realizar esta tarxeta necesitas:
- Lapis.
- Goma.
- Compás.
- Regra.
- Cartolina.
- Pegamento.
- Pegatinas e demais cousas que te sirvan para decorar.
Segue os seguintes pasos:
- Traza na cartolina un cadrado que mida 8cm por cada lado. Pódelo facer con calquera medida, pero recoméndoche esta.
2. Marca a metade de de cada lado, no meu caso 4cm.
3. Abre o compás á medida que equivale á metade do lado do cadrado.
4. Pincha co compás nas marcas de antes e traza un medio círculo de lado a lado.
Fai o mesmo con todolos lados.
5. Recorta.
6. Coa regra, marca as dobreces.
7. Borra as liñas para que non queden marcas.
8. Decora ó teu xeito, tanto por dentro como por fora, con distintos materiais: papel decorativo, pegatinas, rotuladores, pinturas de cores...
9. Dobra atentamente, fixándote nas seguintes imaxes:
10. Este paso é opcional, pero recoméndocho. Ata un lazo arredor da tarxeta para que non se desdobre.
Finalmente quedará algo así:
Por Olalla
I like this post very much!!!!
ResponderEliminarVery great job, Olalla!!!
I think you could explain it in a craft class...
Keep on posting!