Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Manualidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manualidades. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de abril de 2015


Para realizar esta manualidade necesitas:
  • P1000826.JPGCartolina.
  • Lápis.
  • Pegamento en barra.
  • Tesoiras.
  • Regra.


Elaboración:
  1. Recorta catro rectángulos de 10x20 cm.
P1000829.jpgP1000828.JPG
  1. Colle un dos rectángulos, fai unha liña aos 5 cm do borde arriba e abaixo e marca ben a dobrez. Fai o mesmo cos demáis rectángulos.
hh.pngP1000832.JPGP1000833.JPG
  1. Nun dos rectángulos fai unha liña polo lado máis curto aos 5 cm, dende o borde ata a dobrez, arriba e abaixo. Fai o mesmo con outro rectángulo.
llll.jpg
  1. Aliña ben os dous rectángulo coas marcas. Procura que aia unha pequena separación.

  1. Pon pegamento nos catro cadrados das esquinas. Se non te das conta de cales son, fíxate nos recadros sinalados na seguinte imaxe.
jj.png
  1. Colle os outros rectángulos e pegaos horizontalmente sobre os que teñen pegamento.

  1. Colle a tarxeta, abre fixándote na seguinte imaxes e marca as dobreces.
Sin título4.jpg
  1. Decora ao teu xeito.


XA TES A TÚA TARXETA INTERMINABLE REMATADA!!!!!


para o blog.gif





Por Olalla

viernes, 13 de marzo de 2015

ORGANIZADOR DE ESCRITORIO.jpgPara realizar esta manualidade necesitas:
  • P1000674.JPGCaixas cortadas a distintos tamaños entre 2 e 7cm, como as da pasta de dentes, do colutorio...
  • Brick de leite cortado a uns 10-15 cm.
  • Dúas folla de papel.
  • Pegamento.
  • Cinta de dobre cara.
  • Materiais para decorar: pintura, rotuladores, papel estampado...


Elaboración:


  1. Co pegamento, asegura as solapas das caixas para que non se movan.

P1000678.JPGP1000677.JPG
  1. Busca a maneira de colocalas que máis te guste, pero sen que queden espazos polo medio.
  1. Coa cinta de dobre cara, pega os lados das caixas asegurándote de que estean ben colocadas.

P1000679.JPGP1000681.JPG
  1. Colle unha das follas de papel e pega pola parte de atrás das caixas para que non queden desniveis.

P1000685.JPG
  1. Decora ao teu xeito.

  1. P1000715.JPG
    Colle o brick de leite xa cortado, forrao ca outra folla de papel, decorao e pegao as caixas.

P1000717.JPG
As caixas servirán para gardar clips, gomas... e o brick como lapiseiro.

XA TES O TEU ORGANIZADOR DE ESCRITORIO REMATADO!!!!

P1000719.JPGP1000721.JPGPor Olalla



viernes, 27 de febrero de 2015








tarxeta portada.jpg






Para facer esta tarxeta precisas estes materiais:
  • Cartolina.
  • Lapis.
  • Goma.
  • Tesoiras.
  • Regra.
  • Compás.
  • Reyes - finales febreiro 159.JPGUnha folla calquera (da igual se está escrita).


Para decorar podes utilizar:
  • Pegamento.
  • Rotuladores.
  • Papel decorativo.
  • Selos.
  • Outros materiais.


Segue os seguintes pasos:

1. Colle a folla reutilizada e fai unha liña de 10cm.
blog 1.png



2. Colle o compás e abreo a 10cm tamén.

Reyes - finales febreiro 166.JPG

3. Traza un semicírculo, pinchando nun dos extremos da liña.
Reyes - finales febreiro 161.JPG


4. Fai o mesmo co outro lado.
Reyes - finales febreiro 162.JPG


5. Haberá un punto no que os dous semicírculos que trazaches pasarán un por riva do outro; ese será o vértice A).
Une o vértice A) cos vértices B) e C), formndo un triángulo equilátero.

blog 2.png






6. Borra o que debuxaches anteriormente co compás. Quedará algo así:
Reyes - finales febreiro 168.JPG

7. Recorta o triángulo.

Reyes - finales febreiro 170.JPG

8. Agora, colle a cartolina e calca o triángulo que recortaches, non o arrimes moito as esquinas.

Reyes - finales febreiro 171.JPG

9. Pegado o triángulo que trazaches (que vai ser o triángulo central) volve a calcar un.
Reyes - finales febreiro 172.JPG
10. E así con todos os lados do triángulo central.
blog 3.png


11. En todos os triángulos, a excepción do central, fai unha marca a tres centímetros do lado que comparten con dito triángulo.

Reyes - finales febreiro 177.JPG

12. Coa regra, marca as dobreces; as de máis ó medio, cara a dentro e as de máis a afora, cara afora. Tes que dobrar con moito coidado, de elo depende que a tarxeta cadre ben.

Reyes - finales febreiro 180.JPGReyes - finales febreiro 175.JPG


13. Decora por dentro e por fora cos materiais que máis te gusten.


Reyes - finales febreiro 181.JPGReyes - finales febreiro 182.JPG

14. Para cerrala, atende ós seguintes pasos.
blog 4.png



XA TES A TÚA TARXETA REMATADA!!!Reyes - finales febreiro 187.JPG


Por Olalla

jueves, 26 de febrero de 2015




Para executar estes chaveiros necesitaremos os seguintes materiais:DSCN0784.JPG
  • Lapis.
  • Goma.
  • Feltro da cor que queiras.
  • Caucho da cor que queiras. (Goma eva).
  • Cola.
  • Cola de rato ou cordón.
  • Tesoiras.
  • Rotulador permanente. (Mellor negro).



Os pasos son os seguintes:

  1. Colle o caucho, e debuxa a forma que desexes, no meu caso con forma de corazón, e párteo cunha raia ao medio, non é necesario que sexa recta.

DSCN0788.JPG

  1. Agora, colle as tesoiras e recorta a figura que debuxaches antes, incluída a raia que a dividía en dous.


DSCN0789.JPG

  1. Agora que temos a nosa figura dividida en dúas partes, collemos o feltro,  apoiamos unha das metades e co rotulador repasámola, faremos o mesmo co outro lado.
  2. DSCN0793.JPG
    Recortamos as metades de feltro, collemos a cola e botámola no caucho, pero na parte superior non debemos botar cola para logo poñerlle o cordón, despois de botar a cola e collemos as dúas metades de feltro e apertamos, se nos queda o caucho ou o feltro un máis grande que o outro recortamos para igualar os lados.
DSCN0794.JPGDSCN0795.JPG

  1. Debería quedarche así:

DSCN0798.JPG




  1. Agora cortamos a cola de rato, recoméndoche que a cortes dunha medida duns 16cm. Colle os dous extremos das puntas e xúntaos para inserilos na punta despega dunha das metades que tiñamos, podes axudarte cun alfinete.

DSCN0802.JPG


  1. Para dar o toque final, só tes que escribir co rotulador: o nome da outra persoa; no teu e no no seu, o teu nome ou tamén podes poñer as iniciais dalgunha frase ou dos vosos nomes. Eu puxen: BFF (Best Friends Forever) que significa; mellores amigas para sempre.
DSCN0808.JPG

Por Yaiza