miércoles, 21 de abril de 2021

CREACIÓN DE MUNDOS AR E VR

Aquí imos colcocar algúns traballos do curso "CREACIÓN DE MUNDOS AR E VR" que realizou o alumnado.





























martes, 19 de mayo de 2020

LLUVIA (Noé Baz)

CONTOS DO CONFINAMENTO

Deixámosvos unha serie de contos que se nos ocurriron durante este tempo de confinamento. Esperamos que vos gusten.


DOR DE CONFINAMENTO (Nuria Gándara Barreiro)


Porqué cando estamos tristes no lugar do Sol é a chuvia a que nos acompaña ao longo do día?
Quizais é porque a auga escorregando pola ventá asemellase as bágoas que caen ao longo da nosa face cando choramos. Quizais simplemente alguén decidiu asociar a chuvia coa tristeza e pareceulle ben a todo o mundo. O caso é que ninguén o sabe, tal vez os sentimentos e a chuvia non sexan tan importantes coma para abrir unha investigación. Ou talvez si. Na vida pasan moitas cousas algunhas soleadas e outras cheas de auga. O importante é que sempre chegue de novo o Sol para secar as pozas. Mais iso non sempre é posible.
O meu nome é Piedade, e curiosamente foi o que menos tiven durante o confinamento. Vivo soa co meu marido. Pero para el son un simple obxecto, algo inanimado da súa propiedade. Teño que facer o que el diga, cando el o diga e como el o diga. Sei que non debo consentilo, pero non sei como liberarme. Aquela vez que o intentei... Aínda teño as cicatrices na pel e no corazón. No confinamento todo empeorou. El séntese seguro para facer comigo o que lle pete, porque a policía está saturada, e aínda que o intente, non da para todo. Iso fai que el creza, na súa seguridade de que non vou delatalo e de que ninguén o fará. Xa non é o seu carácter de “aquí mando eu” Agora é violento. Agárrame polo pelo, arrástrame e golpéame cos mobles. Sei que debo resistir ata que remate o confinamento, pero ese día está cada vez máis lonxe, pola seguridade de todos. Sei que é mellor salvar 1.000.000 de vidas e perder 1 que salvar a 1 e perder a 1.000.000 de persoas. Non sei cal é o teléfono contra a violencia de xénero, pero non importa, el decidiu que non precisaba un teléfono e tirou o meu polo balcón. E dende logo, non podo pedirlle o teléfono para chamar contra el. Tampouco temos teléfono fixo. Quen queira falar comigo ten que falar con el primeiro. Tampouco teño coche, teño que ir con el a todas partes. Ou máis ben, el ten que ir comigo a todas partes. El vai o supermercado, mentres eu quedo illada do mundo exterior, só el ten chave da casa e pecha antes de saír. Tamén as ventás teñen chave, e son dun cristal moi groso, non se transmite ben o son se falas baixo e se falo alto corro o risco de que el me escoite, porque o supermercado está xusto enfronte. Non hai que loitar contra a violencia de xénero, hai que arrancala de raíz.


XA NON SEI QUE FACER
Autor: Iria Pereira Silva



Eu son Elena e voute contar a historia de como un virus tan pequeno paralizou un mundo tan grande, ese virus chámase COVID-19 contra o que estivemos loitando durante moito tempo, e para iso tivemos que quedarnos moito tempo na casa.
Todo comezou no decembro de 2019 cando saíu a luz o descubrimento deste novo virus ao que non lle demos maior importancia. Comezamos a darlle importancia cando comezaron a pechar colexios, comercios, e fabricas en distintas zonas do mundo, onde eu vivo aínda non pecharan o noso colexio e non pensara que o fixeran tan pronto ao día seguinte xa non podiamos ir a escola nin saír das nosas casas.
Os primeiros días de confinamento leveinos bastante ben pero despois de dúas semanas encerrada na casa xa non sabía que facer, lérame todos os libros que había na casa, xogara a todos os xogos que coñecía, XA ESTABA FARTA, a miña nai dicíame que non era para tanto pero eu seguía aburrida.
Na cuarta semana de confinamento ocorréuseme comezar a axudar aos meus pais a facer repostería, facíamos biscoitos deliciosos. Pasaban os días e comezaba a levalo todo moito mellor xa estaba acostumada a non poder saír da casa.
Pero non todo era malo, o confinamento tivo varios efectos positivos na terra, grazas a que pecharon as fábricas reduciuse a contaminación a capa de ozono púidose amañar.
Cando rematou o confinamento xa podiamos saír da casa, regresar as escolas... non todo volveu a ser coma antes pero pouco a pouco tivemos que ir acostumándonos as medidas de seguridade que se estableceron en todo o mundo.
Nós os nenos salvamos o mundo.

O confinamento    (Autor: Adrián Seves Fernández)


O, ola que tal estades, eu Son David e esta é a miña irma Lucía, imos contarvos un conto.
Era un día como outro calquera, nubrado con algo de sol, fomos xogar os dous ao parque, e de repente chamounos a nosa nai para que foramos indo para casa e cando íamos a cear escoitamos as noticias, que dicían:” a partir de hoxe a noite non se vai poder saír a rúa porque chegou un virus chamado COVID-19”, e tanto eu coma miña irmá quedamos moi fastidiados.
Non poder quedar cos amigos non poder saír da casa, dixo miña irma.
- Maldito virus ía ir a un aniversario e agora non podo marchar.
- Mira o lado positivo así podemos estar todos xuntos na casa xogando a xogos de mesa.
- Mm... pois tes razón veña vamos a xogar.
O día seguinte anunciaron que a corentena de quedar na casa íase a parar maís ou menos no mes de Xuño, a miña irmá estaba toda feliz porque estabamos a 15 de maio.
- Que ben xa queda moi pouco e poderemos ir a praia.
- Dentro de nada xa estamos fora das casas, na praia, irmá miña quérote moito.

Queda na casa

E ata aquí o conto xa sabedes queda na casa porque a este virus o paramos xuntos.







CHUVIAS DO CONFINAMENTO   (Tania)

Estaba na miña escola, preto da ultima hora, cando entrou un profesor e repartiunos a todos unha nota que dicía:
Estimadas familias, debido o virus que se propaga polo mundo chamado COVID-19, quedan suspendidas as clases.
Todos fomos para as nosas casas, como ben puña a nota.
Un día de confinamento eu estaba moi triste porque non podía ver aos meus compañeiros nin a miña familia, fora estaba repenicando e o día era moi gris, todo saíame mal, estaba desexando que isto do confinamento acabase xa.
Outro día o meu avó quedara durmido no sofá, e na televisión estaban as noticias, eu decidín velas xa que estaba moi aburrida e non sabía que facer, dicían que aínda non encontraran unha vacina para o COVID-19 e que posiblemente ían alargar o confinamento, parecía que non iamos saír da casa nunca, todos os días chovía e todos os días eran aburridos para min.
Ata que un día o meu avó volvera a quedar durmido no sofá (Coma sempre)
e púxenme a ver as noticias, dixeron que xa podiamos ir a ver as nosas familias e que todo estaba mellorando, ese día as nubes desapareceron e un alegre sol invadiu o ceo, acompañado de un grande arco da vella, o mundo volveu a encherse de cores e todo ía mellor.



O CONFINAMENTO MÁIS LONGO  (Irene)
Eu son Lucía, unha nena moi lista respectuosa e unha boa estudante pero o que máis me gusta e saír fora da miña casa, estar encerrada tres días sen saír abúrreme un montón. Un día apareceu un virus moi estraño chamado covid-19 a min non me preocupou.....pero despois duns meses o virus empezou a ser un problema global.
Un día que estabamos en clase o noso profesor anunciou que ían a suspendes as clases, e que traballaríamos online desde casa...pero as cousas ían a peor, e uns días mais tarde vin as noticias e decatámonos de que xa non se podía saír da casa e asombroume bastante.
Eu estaba un pouco preocupada, como ía eu estar 15 días na casa sen saír?....
Os meus pais coñecíanme moi ben, entón déronme unha charla para que me calmara e dixéronme que nunha casa hai moitas cousas que se pode facer: xogar coas mascotas, facer pulseiras, cociñar, debuxar.....tamén me dixeron que teño moita sorte de non vivir nun piso, porque non teñen finca para saír a xogar, e unha casa si .
Os meus pais puxéronme máis contenta e animoume a pasar os días moi tranquila e feliz, a miña nai tamén avisoume de que o da corentena ía durar mais dos 15 días pero non me importaba, estrañaba moito as miñas amigas e amigos e sobre todo a miña familia, non me preocupaba era como un reto que a vida nos deu a todos, que eu o ía superar.


ATRAPADO NA CASA (Autor: Darío Vicente Docamiño)
14-Marzo-2020
 Mañá presinto que vai ser un día moi bonito e caloroso; e o meu aniversario. Estou moi nervioso, cumpro 12 anos, e quería celebralo na miña casa con un montón de amigos. A miña familia xa ten a torta feita, e por agora, todo vai ben. 
15-3-2020.
 Xa me despertei con ganas de celebrar a miña inesperada festa, pero como é meu día, vou ver a tele. Estou atrapado na miña mente, coma se un río non tivera auga, coma se unha neveira non tivera comida, xa non sei que facer, primeiro din nas noticias que non se pode saír da casa por un virus chamado COVID-19, e por si fora pouco non se pode celebrar festas porque nos podemos contaxiar, que fastidio, todo isto por un maldito virus. Xusto cando vou celebrar o meu cumpleanos.
16-3-2020 
O final, a miña celebración na casa cos meus pais, a torta estaba xenial foi de tres chocolates, pero non me regalaron gran cousa, só un libro e 30€, non podo saír, nin estar cos meus compañeiros, pero se o miras co lado positivo, pódense facer moitas cousas. 
20-3-2020
 Xa o estou levandolo mellor, Pedro Sanchez engadiu 15 días mas de confinamento. Creo que isto nunca vai acabar, ao final o COVID-19 é moi perigroso xa está contaxiada un montón de persoas, pero polo que eu sei, a os nenos non lle afecta tanto como os adultos e anciáns pero aínda así hai que cumprir coas normas. Hai que lavarse un montón as mans, mínimo 3 veces. 
26-4-2020 
Non aguanto máis! quero estar de novo cos meus compañeiros, darlle bicos aos avós... ¿¡cando remata este virus!? Xa cansa estar sempre cos pais e xogar sempre ao mesmo Play Station, xogos de mesa e ao fútbol, menos mal que eu teño finca e non vivo nun piso. 
3-5-2020
 Inda non vos contei que estou teletraballando por ordenador, o levo bastante ben. O que os teño que contar é moi importante e moi feliz para min: Xa chegou a fase un, xa se pode quedar con amigos, con primos... pero sempre mantendo as distancias de seguridade e levar máscara. Hoxe fun a casa do meu primo e paseino xenial. Se confirma que o colexio e as actividades estraescolares se abren en setembro. 
18-5-2020 
Hoxe os traio unha noticia mala e outra boa:
-Boa: Que dentro de pouco xa ven a fase dous.
-Mala: Que seguen habendo máis contaxiados.
19-5-2020
Por agora o levo ben, ¿e vós?



#QUEDADE NA CASA



UN MÉDICO ESPLÉNDIDO (Noé)

No ano 2020, no momento da covid-19 máis coñecido como coronavirus, produciuse unha crise global na que a enfermidade de China se estendeu por todo o mundo. 
Durante a crise, houbo persoas que o tomaron moi en serio e outras persoas tomárono coa risa. Precisamente aquelas persoas que o tomaron coa risa por razóns descoñecidas, esgotaron papel hixiénico nos supermercados.
 Un médico chamado Pedro dedicouse a atopar a cura para esta enfermidade que afecta aos pulmóns da persoa que a padece. Pedro chegou a convencer as persoas do seu pobo para que ninguén da aldea o sufrira, pechando as residencias de anciáns de maneira que ninguén entra nin sae, coma se fora un búnker. Tamén prohibiron as masificacións de persoas, sexa un lugar aberto ou pechado. Daquela maneira ningunha das persoas do pobo sufriron a enfermidade e nese pobo todo xa volveu a normalidade.
 

 
UNHA LENDA?  (Carmen Fernández Villanueva)

2045. Galicia. Baixo Miño
Ola vouvos contar... Unha lenda?
Eu son Maia... Pero iso agora mesmo non importa, o que importa é  contarvos unha historia.
Fai moito tempo cando eu era cativa, un novo virus atemorizaba ao planeta. Acórdome que era un día normal de colexio pero...
o COVID-19 ameazaba por todos os lugares e tiveron que cerrar as clases en case todos os currunchos do mundo. O principio de darnos a noticia era unha festa, iamos a ter un mes de vacacións! Pero non todo e de cor de rosas... Os meses pasaban e nos encerrados, no segundo mes o goberno puxo en practica a fase 1, pero a xente emocionouse e empezaron a saír todos de golpe, volvía a ver aglomeración e... volta a empezar!
Estivemos case outros dous meses na casa ata que un día... Empezámosnos a concienciar pouco a pouco, saiamos todos con mascarrilla, mantiñamos un metro de distancia e así fomos mellorando, e pouco a pouco todo votou o normal.

Pero esta historia será unha lenda?...


 
O TRAGAMILLEIROS VOLTA A ALDEA 
 
Autor Anxo Besada 
 
No confinamento tiven que ir pa casa dos meus avós , naquel pobo viven aproximadamente dez persoas, todas elas persoas maiores . Eu decidín ir a preguntarlle lendas e nomes da terra, un señor chamado Xosé contoume unha lenda dun tragamilleiros (un home que come o millo ) que vivía nunha cova chamada a Cova do Milleiro. Dentro da cova había disque,unha caixa chea de ouro e todo aquel que entrara na cova e vise o ouro non volvía saír. O señor Xosé non lembraba de nada máis.

Eu seguín investigando pero non encontraba ninguén que me contara a lenda completa. Unha semana despois fun cos meus avós a plantar millo e pregunteille ao meu avó? porqué plantamos o millo dentro do eido? Meu avó explicoume que había un home que vivía na Cova do Milleiro que roubaba o millo, e dende aquela deixarase de plantalo fora do eido.

Dende pequeno o seu pai explicáralle que se plantaba dentro do eido e se puña unha fileira de sal todo arredor o tragamilleiros non entraba roubar. Había moitos anos daquilo pero meu avó seguíao a facer así, por se o demo!!

Eu pedinlle ao meu avó que este ano non puxera o sal, haber que pasaba. Eu cría que todo iso do tragamilleiros era un conto dos vellos.

Meu avó por compracerme non puxo o sal. Pero menuda sorpresa levamos a mañá seguinte cando o erguernos vemos o campo todo pisado e os carreiros do millo desfeitos. O meu avó botou as mans a cabeza e dixo ¡esta noite estivo aquí o papamilleiros! !eu xa sabía que o de non poñer o sal non era boa idea!

Eu asusteime moito o ver aquela desfeita, pero xa non tiña remedio. Sentíame triste por ver o meu avó tan preocupado.

El mandoume o eido da tía Lola da Fonte, e pediume que lle dixese que tiveramos no eido a visita do tragamilleiros.

Alá fun correndo polas veigas un pouco asustado polo sucedido, o chegar chamei pola tia Lola dende a eira, ela saíume pola fiestra e díxome:

Xa sei a que ves meu fillo! Dille o teu avó que estea tranquilo, que volva a plantar o millo e que rodee o campo de sal e que todo a familia se recolla na casa antes de que o sol se esconda. E dille que con esas cousas non se xoga.

De volta a casa chorei todo o camiño, a culpa fora miña por pedirlle ó meu avó que non puxese o sal, eu pensaba que eran cousas de vellos e que o das lendas eran contos...


A NENA QUE SALVOU O MUNDO. (Laura)

Unha vez unha nena chamada Leire, encontrou unha lenda, e empezou a lela e dicía:
a principios do ano 2020 e finais do 2019, apareceu un virus en China era moi contaxioso. Ela antes de seguir lendo foi a xunto da súa nai e preguntoulle:
Mamá a avoa posou ou covic-19 ?
a nai dixo:
Que é iso, Leire anda para de soar cousas raras.
Pero mamá que non é mentira mira o que encontrei é unha lenda.

Leire di a nai, pregunta tamén non colexio se exíste iso?
Vale mamá, di Leire.
Leire moi contenta de intentar saber que era iso, chegou a casa da avoa e dixo:
Aavoa ti pasaches o covic-19.
A avoa díxolle que si, pero que non era bo, era moi malo, intentou matar os anciáns e a xente. O goberno dixo que tiñamos que estar encerrados nas casa sen saír.
Leire asustouse e dixolle:
Avoa e ti ou tiveches pois non ou sei contestou a avoa.
10 anos despois
Leire traballaba de medico e espilcou iso a os seus compañeiros
Markel seu primo, dixo na reunión !pero se non había vacinas¡ como se libraron. De súpeto viu un paciente e díxolle que tiña uns síntomas. Leire recordou o que lle dixo a súa avoa fai tempo.

O paciente tiña vos síntomas e fixéronlle unhas probas enton tiña o covic-19

Leire moi asustada dixo que tiñan que estar todos nas casas pechados e a xente maior que non saíra por que podían morrer.
Entón leire dixo: temos que atopar a vacina, Markel.
Leire e seus compañeiros foron probando. Leire pensou que xa o tiñan e atopou a solución un compañeiro.Pero era moi cara entón preferiron facelas eles traballaron moito, pero por cada vacina salvaban 50 persoas.
Que era estupendo.
Entón chamaron a Leire e os seus compañeiros os mellores médicos do mundo.


MAYA E O CONFINEMENTO

Autora: (Noelia Fernández Soalleiro)

Ola, eu son Maya, teño 12 anos e son filla única, xa que sabes que estamos en confinamento por (COVID-19). O meu aniversario foi o 5 de maio, foi horrible, ninguén podería vir por mor dos contaxios, non houbo pastel, agasallos ou diversión. Pero non me importa moito porque o que realmente importa é celebralo coa familia.
Outra cousa que odio polo encerro é que a xente se despide, a miña nai foi despedida. Este verán non vai ser normal, non podemos ir de vacacións nin ás praias nin ás piscinas públicas, por sorte teño unha piscina na casa e se todo vai ben se non hai máis infeccións, podería traer a un amigo.
Dende que comezou o confinamento, a miña nai e mais eu estivemos máis preto, facemos manualidades, receitas facemos debuxos con lexia...


Gonzalo e o confinamento (BRUNO)


Un día a familia de Gonzalo estaba dando un paseo e os seus pais estaban falando de algo chamado covid-19 pero el non sabía o que pasaba co virus este, o luns a nai díxolle:

- Hoxe non hai colexio hai que estar en corentena

Gonzalo dille:

Canto tempo temos que estar na casa?

pero ela non sabía que dicirlle porque ela tampouco o sabía así que ela dixo:

Vai ser indefinidamente

Ao largo dos días Gonzalo ia aburríndose e cansando de estar na casa el solo xogar a play e durmir porque non ten finca na súa casa ao longo dos días a nai preguntáballe se quería ir a dar un paseo pero el preguntáballe a súa nai:

Non había que quedarse na casa?

a nai respondeulle:

-Xa pode se saír a dar un paseo e tamén ir a casa dos familiares, hoxe vamos ir a casa dos avós, logo volvemos a casa a cenar, outro dia iremos a casa da tía.

Pero el agora ten medo de saír da casa polo tema do coronavirus.

martes, 10 de marzo de 2020

AHORA

                                                 AHORA
 

                                    Si no es ahora ¿cuando?
                      La vida estará llena de luegos, de después...

                          La vida es ahora en un mismo momento. 
                                       Hay que aprovecharla.

                                           SI NO ES AHORA
                                             ¿CUANDO?


AUTOR: Darío Vicente Docamiño.

O SOL

                                                                         O SOL
                                                        O amencer estase a alzar,
                                                        polo seu sagrado altar,
                                                        cada día por un distinto lugar,
                                                        algún día vai a estoupar,


                                                        Quero que chegue a primavera,
                                                        pa mirar as flores abertas,
                                                        chega a tempada das alerxias,
                                                        e a tempada da barruñeira.

                                                        AUTOR: Adrián Seves Fernández

martes, 28 de enero de 2020

POALLA

POALLA

Chove, poalla
na miña casa orballa.

Chove na praza
a avoa vai pa casa.

Chuvisca  na leira 
marchamos a feira.

Poalla...

molla a meda da palla.
                                                                                         

                       
                                                                                   [Anxo Besada MartÍnez]

martes, 19 de junio de 2018

OS NOMES DOS NOSOS LUGARES

Aquí podedes atopar os nomes da terra (topónimos) das nosas parroquias. Os nomes están recollidos dos nosos familiares e veciños