jueves, 26 de febrero de 2015




Para executar estes chaveiros necesitaremos os seguintes materiais:DSCN0784.JPG
  • Lapis.
  • Goma.
  • Feltro da cor que queiras.
  • Caucho da cor que queiras. (Goma eva).
  • Cola.
  • Cola de rato ou cordón.
  • Tesoiras.
  • Rotulador permanente. (Mellor negro).



Os pasos son os seguintes:

  1. Colle o caucho, e debuxa a forma que desexes, no meu caso con forma de corazón, e párteo cunha raia ao medio, non é necesario que sexa recta.

DSCN0788.JPG

  1. Agora, colle as tesoiras e recorta a figura que debuxaches antes, incluída a raia que a dividía en dous.


DSCN0789.JPG

  1. Agora que temos a nosa figura dividida en dúas partes, collemos o feltro,  apoiamos unha das metades e co rotulador repasámola, faremos o mesmo co outro lado.
  2. DSCN0793.JPG
    Recortamos as metades de feltro, collemos a cola e botámola no caucho, pero na parte superior non debemos botar cola para logo poñerlle o cordón, despois de botar a cola e collemos as dúas metades de feltro e apertamos, se nos queda o caucho ou o feltro un máis grande que o outro recortamos para igualar os lados.
DSCN0794.JPGDSCN0795.JPG

  1. Debería quedarche así:

DSCN0798.JPG




  1. Agora cortamos a cola de rato, recoméndoche que a cortes dunha medida duns 16cm. Colle os dous extremos das puntas e xúntaos para inserilos na punta despega dunha das metades que tiñamos, podes axudarte cun alfinete.

DSCN0802.JPG


  1. Para dar o toque final, só tes que escribir co rotulador: o nome da outra persoa; no teu e no no seu, o teu nome ou tamén podes poñer as iniciais dalgunha frase ou dos vosos nomes. Eu puxen: BFF (Best Friends Forever) que significa; mellores amigas para sempre.
DSCN0808.JPG

Por Yaiza

1 comentario: