jueves, 26 de febrero de 2015

BÁDMINTON


O día 25 de febreiro, tivo lugar a final de bádminton no pavillón de Tomiño.

Nesta competición participaron colexios de Tui e Tomiño, que anteriormente os de Tui xogaron entre eles para ver quen pasaba a final e os de Tomiño fixeron o mesmo pero con colexios de tomiño. Nos xogamos con Tui porque en Tomiño xa eran moitos colexios e Sobrada está moi preto de Tui. De todos os nenos de Tui tiñan que clasificarse 16 e de todos os de Tomiño outros 16. De todas as nenas de Tui tiñan que clasificarse 8 e de todas as nenas de Tomiño outras oito, as nenas só podían clasificarse oito porque eran menos que os nenos. Entón ao unirse Os colexios de Tui e os de Tomiño quedaron 32 nenos e 16 nenas de benxamín e outros 32 nenos e 16 nenas de alevín. Nas primeiras xornadas para a clasificación benxamín e alevín foron en días diferentes pero cando na final de Tomiño fomos os de benxamín, alevín, infantil e cadete.

Do colexio de Sobrada quedaron clasificados:

                 - Benxamín feminino: Ana, Uxía, Manon e Soledad.
                 - Benxamín masculino: Iván, Santi e Alejandro.
                 -Alevín feminino: María, Yesenia, Carla, Nicole e Claudia.   
                 -Alevín masculino: Óscar Luis, Nicolas, Óscar Calzado, Bruno, Raúl, Diego
                  e Andrés Gómez.

Image.jpg
Nesta competición houbo unha nena  de Sobrada chamada Yesenia Martínez Díaz que quedou terceira na competición de alevín feminino. Esta nena conseguiu clasificarse sen perder ningún partido. Pero quedou algo triste porque tivo que competir con unha das súas mellores amigas polo terceiro posto, foille moi difícil xa que ganoulle só  por un punto.



Por María

2 comentarios:

  1. En una de las veces que escribiste Tomiño la "T" está en minuscula.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. La "T" está en minuscula en la 4ª vez que escribiste Tomiño

      Eliminar