Etiquetas
- 3D (1)
- ADIVIÑAS (1)
- Biografías poéticas (1)
- CONTOS (1)
- Contos nosos (2)
- Deportes (1)
- Manualidades (5)
- Poema (6)
- Receitas (2)
- stop motion (1)
- Tautograma (1)
- TOPONIMIA (1)
- VÍDEOS TALLERES (1)
martes, 24 de marzo de 2015
viernes, 13 de marzo de 2015
Beethoven
Eu chámome Beethoven,
Beethoven músico,
músico importante,
importante porque revolucionei a música clásica,
musica moi especial,
especial era eu, Beethoven,
eu, Beethoven, era sordo,
sordo porque pegábanme moi forte nas orellas,
orellas moi especiais,
especial era o avó, que me ensinou música,
música que con 7 anos, empecen a tocar en concertos,
concertos moi especiais,
especial como a miña vida.
Por Marcos S.
Beethoven by Marcos Sampayo Pazo is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
Para realizar esta manualidade necesitas:
- Brick de leite cortado a uns 10-15 cm.
- Dúas folla de papel.
- Pegamento.
- Cinta de dobre cara.
- Materiais para decorar: pintura, rotuladores, papel estampado...
Elaboración:
- Co pegamento, asegura as solapas das caixas para que non se movan.
- Busca a maneira de colocalas que máis te guste, pero sen que queden espazos polo medio.
- Coa cinta de dobre cara, pega os lados das caixas asegurándote de que estean ben colocadas.
- Colle unha das follas de papel e pega pola parte de atrás das caixas para que non queden desniveis.
- Decora ao teu xeito.
-
Colle o brick de leite xa cortado, forrao ca outra folla de papel, decorao e pegao as caixas.
As caixas servirán para gardar clips, gomas... e o brick como lapiseiro.
XA TES O TEU ORGANIZADOR DE ESCRITORIO REMATADO!!!!
Por Olalla
viernes, 6 de marzo de 2015
Ingredientes:
- 200g de manteiga de vaca.
- 400g de fariña.
- 400g de azucre.
- 200g de nata líquida.
- 1 sobre de levadura en pó.
- Azucre glass.
- Canela.
Preparación:
- Derrete a manteiga ó baño María ou no microondas.
- Cando a manteiga xa estea derretida, vótase nun bol e mestúrase co azucre, os ovos e a nata, vas revolvendo e engádeselle a fariña pouco a pouco, e por último, o sobre de levadura.
- Revolve ata que quede unha masa homoxénea.
- Bota a mestura nun molde previamente engraxado.
- Mestura o azucre glass coa canela e espallaos pola masa antes de metela no forno.
- Mete o molde no forno, previamente quentado a 180º de temperatura durante, aproximadamente, tres cuartos de hora.
- Cando se acabe de facer, saca do forno e deixa enfriar.
E… A COMER!!!
CONSELLO: A bica está máis rica cando se come fría, porque leva moita manteiga e quente faise un pouco graxa.
Por Olalla
INGREDIENTES:
PARA AS LÁMINAS DE CHOCOLATE:
-250g de chocolate negro.
-250g de chocolate con leite.
-250g de chocolate branco.
-600ml de nata (200ml por cada lámina de chocolate).
-600ml de leite(200ml por cada lámina de chocolate).
-3 sobres de callada (cuajada) (1 para cada lámina de chocolate)
PARA A BASE:
-1 paquete de galletas (por exemplo: galletas maría).
-Un pouco de manteiga.
DECORACIÓN:
-100g de chocolate negro para as follas de chocolate (opcional)
-Fresas (opcional)
ELABORACIÓN:
BASE:
Trituramos as galletas (eu
teño un truco para trituralas:
meto as galletas nunha
bolsa e cun rodillo, machacoas).
Engadímoslle a manteiga,
pomos a masa no molde e
logo metémolo un pouco no
forno para que endureza.
CAPAS DE CHOCOLATE:
Pomos os 200ml de nata e os 200ml de leite a quentar, añádese o chocolate negro troceado e cando esté disolto añádese a cuallada.
Déixase a fogo suave removendo sen parar durante sete minutos. Logo vértese enriba da base de galletas.
Facemos o mesmo co chocolate
con leite (eu teño un truco a hora de
verter as capas, para que non se mesturen as
cores: vou vertendo con unha culler
debaixo).
E despois facemos o mesmo co chocolate branco.
FOLLAS:
Derretemos os 100g de chocolate negro, pintamos as follas co chocolate e metémolas na neveira, cando estén duras quitamos as follas e xa queda a forma.
.
XA TES A TÚA TARTA!!!
Aquí deixoche unha
foto onde podes observar a
separación das cores.
Por María
Suscribirse a:
Entradas (Atom)