Etiquetas
- 3D (1)
- ADIVIÑAS (1)
- Biografías poéticas (1)
- CONTOS (1)
- Contos nosos (2)
- Deportes (1)
- Manualidades (5)
- Poema (6)
- Receitas (2)
- stop motion (1)
- Tautograma (1)
- TOPONIMIA (1)
- VÍDEOS TALLERES (1)
martes, 19 de mayo de 2020
CONTOS DO CONFINAMENTO
Deixámosvos unha serie de contos que se nos ocurriron durante este tempo de confinamento. Esperamos que vos gusten.
DOR
DE CONFINAMENTO (Nuria Gándara Barreiro)
Porqué
cando estamos tristes no lugar do Sol é a chuvia a que nos acompaña ao longo do día?
Quizais
é porque a auga escorregando pola ventá asemellase as bágoas que
caen ao longo da nosa face cando choramos. Quizais simplemente alguén
decidiu asociar a chuvia coa tristeza e pareceulle ben a todo o
mundo. O caso é que ninguén o sabe, tal vez os sentimentos e a
chuvia non sexan tan importantes coma para abrir unha investigación.
Ou talvez si. Na vida pasan moitas cousas algunhas soleadas e outras
cheas de auga. O importante é que sempre chegue de novo o Sol para
secar as pozas. Mais iso non sempre é posible.
O
meu nome é Piedade, e curiosamente foi o que menos tiven durante o
confinamento. Vivo soa co meu marido. Pero para el son un simple
obxecto, algo inanimado da súa propiedade. Teño que facer o que el
diga, cando el o diga e como el o diga. Sei que non debo consentilo,
pero non sei como liberarme. Aquela vez que o intentei... Aínda teño
as cicatrices na pel e no corazón. No confinamento todo empeorou. El
séntese seguro para facer comigo o que lle pete, porque a policía
está saturada, e aínda que o intente, non da para todo. Iso fai que
el creza, na súa seguridade de que non vou delatalo e de que ninguén
o fará. Xa non é o seu carácter de “aquí mando eu” Agora é
violento. Agárrame polo pelo, arrástrame e golpéame cos mobles.
Sei que debo resistir ata que remate o confinamento, pero ese día
está cada vez máis lonxe, pola seguridade de todos. Sei que é
mellor salvar 1.000.000
de vidas e perder 1 que salvar a 1 e perder a 1.000.000 de persoas.
Non sei cal é o teléfono contra a violencia de xénero, pero non
importa, el decidiu que non precisaba un teléfono e tirou o meu polo
balcón. E dende logo, non podo pedirlle o teléfono para chamar
contra el. Tampouco temos teléfono fixo. Quen queira falar comigo
ten que falar con el primeiro. Tampouco teño coche, teño que ir con
el a todas partes. Ou máis ben, el ten que ir comigo a todas partes.
El vai o supermercado, mentres eu quedo illada do mundo exterior, só
el ten chave da casa e pecha antes de saír. Tamén as ventás teñen
chave, e son dun cristal moi groso, non se transmite ben o son se
falas baixo e se falo alto corro o risco de que el me escoite, porque
o supermercado está xusto enfronte. Non hai que loitar contra a
violencia de xénero, hai que arrancala de raíz.
XA
NON SEI QUE FACER
Autor:
Iria Pereira Silva
Eu
son Elena e voute contar a historia de como un virus tan pequeno
paralizou un mundo tan grande, ese virus chámase COVID-19 contra o
que estivemos loitando durante moito tempo, e para iso tivemos que
quedarnos moito tempo na casa.
Todo
comezou no decembro de 2019 cando saíu a luz o descubrimento deste
novo virus ao que non lle demos maior importancia. Comezamos a darlle
importancia cando comezaron a pechar colexios, comercios, e fabricas
en distintas zonas do mundo, onde eu vivo aínda non pecharan o noso
colexio e non pensara que o fixeran tan pronto ao día seguinte xa
non podiamos ir a escola nin saír das nosas casas.
Os
primeiros días de confinamento leveinos bastante ben pero despois de
dúas semanas encerrada na casa xa non sabía que facer, lérame
todos os libros que había na casa, xogara a todos os xogos que
coñecía, XA ESTABA FARTA, a miña nai dicíame que non era para
tanto pero eu seguía aburrida.
Na
cuarta semana de confinamento ocorréuseme comezar a axudar aos meus
pais a facer repostería, facíamos biscoitos deliciosos. Pasaban os
días e comezaba a levalo todo moito mellor xa estaba acostumada a
non poder saír da casa.
Pero
non todo era malo, o confinamento tivo varios efectos positivos na
terra, grazas a que pecharon as fábricas reduciuse a contaminación
a capa de ozono púidose amañar.
Cando
rematou o confinamento xa podiamos saír da casa, regresar as
escolas... non todo volveu a ser coma antes pero pouco a pouco
tivemos que ir acostumándonos as medidas de seguridade que se
estableceron en todo o mundo.
Nós
os nenos salvamos o mundo.
O confinamento (Autor:
Adrián Seves Fernández)
O, ola que tal estades, eu Son
David e esta é a miña irma Lucía, imos contarvos un conto.
Era
un día como outro calquera, nubrado con algo de sol, fomos xogar os
dous ao parque, e de repente chamounos a nosa nai para que foramos
indo para casa e cando íamos a cear escoitamos as noticias, que
dicían:” a partir de hoxe a noite non se vai poder saír a rúa
porque chegou un virus chamado COVID-19”, e tanto eu coma miña
irmá quedamos moi fastidiados.
Non
poder quedar cos amigos non poder saír da casa, dixo miña irma.
-
Maldito virus ía ir a un aniversario e agora non podo marchar.
-
Mira o lado positivo así podemos estar todos xuntos na casa xogando
a xogos de mesa.
-
Mm... pois tes razón veña vamos a xogar.
O
día seguinte anunciaron que a corentena de quedar na casa íase a
parar maís ou menos no mes de Xuño, a miña irmá estaba toda feliz
porque estabamos a 15 de maio.
-
Que ben xa queda moi pouco e poderemos ir a praia.
-
Dentro de nada xa estamos fora das casas, na praia, irmá miña
quérote moito.
Queda
na casa
E
ata aquí o conto xa sabedes queda na casa porque a este virus o
paramos xuntos.
CHUVIAS
DO CONFINAMENTO (Tania)
Estaba na miña escola, preto
da ultima hora, cando entrou un profesor e repartiunos a todos unha
nota que dicía:
Estimadas
familias, debido o virus que se propaga polo mundo chamado COVID-19,
quedan suspendidas as clases.
Todos
fomos para as nosas casas, como ben puña a nota.
Un
día de confinamento eu estaba moi triste porque non podía ver aos
meus compañeiros nin a miña familia, fora estaba repenicando e o
día era moi gris, todo saíame mal, estaba desexando que isto do
confinamento acabase xa.
Outro
día o meu avó quedara durmido no sofá, e na televisión estaban as
noticias, eu decidín velas xa que estaba moi aburrida e non sabía
que facer, dicían que aínda non encontraran unha vacina para o
COVID-19 e que posiblemente ían alargar o confinamento, parecía que
non iamos saír da casa nunca, todos os días chovía e todos os días
eran aburridos para min.
Ata
que un día o meu avó volvera a quedar durmido no sofá (Coma
sempre)
e
púxenme a ver as noticias, dixeron que xa podiamos ir a ver as nosas
familias e que todo estaba mellorando, ese día as nubes
desapareceron e un alegre sol invadiu o ceo, acompañado de un grande
arco da vella, o mundo volveu a encherse de cores e todo ía mellor.
O
CONFINAMENTO MÁIS LONGO (Irene)
Eu
son Lucía, unha nena moi lista respectuosa e unha boa estudante pero
o que máis me gusta e saír fora da miña casa, estar encerrada tres
días sen saír abúrreme un montón. Un día apareceu un virus moi
estraño chamado covid-19 a min non me preocupou.....pero despois
duns meses o virus empezou a ser un problema global.
Un
día que estabamos en clase o noso profesor anunciou que ían a
suspendes as clases, e que traballaríamos online desde casa...pero
as cousas ían a peor, e uns días mais tarde vin as noticias e
decatámonos de que xa non se podía saír da casa e asombroume
bastante.
Eu
estaba un pouco preocupada, como ía eu estar 15 días na casa sen
saír?....
Os
meus pais coñecíanme moi ben, entón déronme unha charla para que
me calmara e dixéronme que nunha casa hai moitas cousas que se pode
facer: xogar coas mascotas, facer pulseiras, cociñar,
debuxar.....tamén me dixeron que teño moita sorte de non vivir nun
piso, porque non teñen finca para saír a xogar, e unha casa si .
Os
meus pais puxéronme máis contenta e animoume a pasar os días moi
tranquila e feliz, a miña nai tamén avisoume de que o da corentena
ía durar mais dos 15 días pero non me importaba, estrañaba moito
as miñas amigas e amigos e sobre todo a miña familia, non me
preocupaba era como un reto que a vida nos deu a todos, que eu o ía
superar.
ATRAPADO
NA
CASA
(Autor:
Darío
Vicente Docamiño)
14-Marzo-2020
Mañá
presinto que vai ser un día moi bonito e caloroso; e o meu
aniversario. Estou moi nervioso, cumpro 12 anos, e quería celebralo
na miña casa con un montón de amigos. A miña familia xa ten a
torta feita, e por agora, todo vai ben.
15-3-2020.
Xa
me despertei con ganas de celebrar a miña inesperada festa, pero
como é meu día, vou ver a tele. Estou atrapado na miña mente, coma
se un río non tivera auga, coma se unha neveira non tivera comida,
xa non sei que facer, primeiro din nas noticias que non se pode saír
da casa por un virus chamado COVID-19, e por si fora pouco non se
pode celebrar festas porque nos podemos contaxiar, que fastidio, todo
isto por un maldito virus. Xusto cando vou celebrar o meu
cumpleanos.
16-3-2020
O
final, a miña celebración na casa cos meus pais, a torta estaba
xenial foi de tres chocolates, pero non me regalaron gran cousa, só
un libro e 30€, non podo saír, nin estar cos meus compañeiros,
pero se o miras co lado positivo, pódense facer moitas cousas.
20-3-2020
Xa
o estou levandolo mellor, Pedro Sanchez engadiu 15 días mas de
confinamento. Creo que isto nunca vai acabar, ao final o COVID-19 é
moi perigroso xa está contaxiada un montón de persoas, pero polo
que eu sei, a os nenos non lle afecta tanto como os adultos e anciáns
pero aínda así hai que cumprir coas normas. Hai que lavarse un
montón as mans, mínimo 3 veces.
26-4-2020
Non
aguanto máis! quero estar de novo cos meus compañeiros, darlle
bicos aos avós... ¿¡cando remata este virus!? Xa cansa estar
sempre cos pais e xogar sempre ao mesmo Play Station, xogos de mesa e
ao fútbol, menos mal que eu teño finca e non vivo nun piso.
3-5-2020
Inda
non vos contei que estou teletraballando por ordenador, o levo
bastante ben. O que os teño que contar é moi importante e moi feliz
para min: Xa chegou a fase un, xa se pode quedar con amigos, con
primos... pero sempre mantendo as distancias de seguridade e levar
máscara. Hoxe fun a casa do meu primo e paseino xenial. Se confirma
que o colexio e as actividades estraescolares se abren en setembro.
18-5-2020
Hoxe
os traio unha noticia mala e outra boa:
-Boa:
Que dentro de pouco xa ven a fase dous.
-Mala:
Que seguen habendo máis contaxiados.
19-5-2020
Por
agora o levo ben, ¿e vós?
#QUEDADE
NA CASA
UN
MÉDICO ESPLÉNDIDO
(Noé)
No ano 2020, no momento da
covid-19 máis coñecido como coronavirus, produciuse unha crise
global na que a enfermidade de China se estendeu por todo o mundo.
Durante a crise, houbo persoas que o tomaron moi en serio e outras
persoas tomárono coa risa. Precisamente aquelas persoas que o
tomaron coa risa por razóns descoñecidas, esgotaron papel hixiénico
nos supermercados.
Un médico chamado Pedro dedicouse a atopar a cura
para esta enfermidade que afecta aos pulmóns da persoa que a padece.
Pedro chegou a convencer as persoas do seu pobo para que ninguén da
aldea o sufrira, pechando as residencias de anciáns de maneira que
ninguén entra nin sae, coma se fora un búnker. Tamén prohibiron as
masificacións de persoas, sexa un lugar aberto ou pechado. Daquela
maneira ningunha das persoas do pobo sufriron a enfermidade e nese
pobo todo xa volveu a normalidade.
UNHA LENDA? (Carmen Fernández
Villanueva)
2045.
Galicia. Baixo Miño
Ola
vouvos contar... Unha lenda?
Eu
son Maia... Pero iso agora mesmo non importa, o que importa é contarvos unha historia.
Fai
moito tempo cando eu era cativa, un novo virus atemorizaba ao
planeta. Acórdome que era un día normal de colexio pero...
o
COVID-19 ameazaba por todos os lugares e tiveron que cerrar as clases
en case todos os currunchos do mundo. O principio de darnos a noticia
era unha festa, iamos a ter un mes de vacacións! Pero non todo e de
cor de rosas... Os meses pasaban e nos encerrados, no segundo mes o
goberno puxo en practica a fase 1, pero a xente emocionouse e
empezaron a saír todos de golpe, volvía a ver aglomeración e...
volta a empezar!
Estivemos
case outros dous meses na casa ata que un día... Empezámosnos a
concienciar pouco a pouco, saiamos todos con mascarrilla, mantiñamos
un metro de distancia e así fomos mellorando, e pouco a pouco todo
votou o normal.
Pero
esta historia será unha lenda?...
O TRAGAMILLEIROS VOLTA A
ALDEA
Autor Anxo Besada
No
confinamento tiven que ir pa casa dos meus avós , naquel pobo viven
aproximadamente dez persoas, todas elas persoas maiores . Eu decidín
ir a preguntarlle lendas e nomes da terra, un señor chamado Xosé
contoume unha lenda dun tragamilleiros (un home que come o millo )
que vivía nunha cova chamada a Cova do Milleiro. Dentro da cova
había disque,unha caixa chea de ouro e todo aquel que entrara na
cova e vise o ouro non volvía saír. O señor Xosé non lembraba de
nada máis.
Eu
seguín investigando pero non encontraba ninguén que me contara a
lenda completa. Unha semana despois fun cos meus avós a plantar
millo e pregunteille ao meu avó? porqué plantamos o millo dentro do
eido? Meu avó explicoume que había un home que vivía na Cova do
Milleiro que roubaba o millo, e dende aquela deixarase de plantalo
fora do eido.
Dende
pequeno o seu pai explicáralle que se plantaba dentro do eido e se
puña unha fileira de sal todo arredor o tragamilleiros non entraba
roubar. Había moitos anos daquilo pero meu avó seguíao a facer
así, por se o demo!!
Eu
pedinlle ao meu avó que este ano non puxera o sal, haber que pasaba.
Eu cría que todo iso do tragamilleiros era un conto dos vellos.
Meu
avó por compracerme non puxo o sal. Pero menuda sorpresa levamos a
mañá seguinte cando o erguernos vemos o campo todo pisado e os
carreiros do millo desfeitos. O meu avó botou as mans a cabeza e
dixo ¡esta noite estivo aquí o papamilleiros! !eu xa sabía que o
de non poñer o sal non era boa idea!
Eu
asusteime moito o ver aquela desfeita, pero xa non tiña remedio.
Sentíame triste por ver o meu avó tan preocupado.
El
mandoume o eido da tía Lola da Fonte, e pediume que lle dixese que
tiveramos no eido a visita do tragamilleiros.
Alá
fun correndo polas veigas un pouco asustado polo sucedido, o chegar
chamei pola tia Lola dende a eira, ela saíume pola fiestra e díxome:
Xa
sei a que ves meu fillo! Dille o teu avó que estea tranquilo, que
volva a plantar o millo e que rodee o campo de sal e que todo a
familia se recolla na casa antes de que o sol se esconda. E dille que
con esas cousas non se xoga.
De
volta a casa chorei todo o camiño, a culpa fora miña por pedirlle ó
meu avó que non puxese o sal, eu pensaba que eran cousas de vellos e
que o das lendas eran contos...
A NENA QUE SALVOU O MUNDO.
(Laura)
Unha
vez unha nena chamada Leire, encontrou unha lenda, e empezou a lela e
dicía:
a
principios do ano 2020 e finais do 2019, apareceu un virus en China
era moi contaxioso. Ela antes de seguir lendo foi a xunto da súa nai
e preguntoulle:
Mamá
a avoa posou ou covic-19 ?
a
nai dixo:
Que
é iso, Leire anda para de soar cousas raras.
Pero
mamá que non é mentira mira o que encontrei é unha lenda.
Leire
di a nai, pregunta tamén non colexio se exíste iso?
Vale
mamá, di Leire.
Leire
moi contenta de intentar saber que era iso, chegou a casa da avoa e
dixo:
Aavoa
ti pasaches o covic-19.
A
avoa díxolle que si, pero que non era bo, era moi malo, intentou
matar os anciáns e a xente. O goberno dixo que tiñamos que estar
encerrados nas casa sen saír.
Leire
asustouse e dixolle:
Avoa
e ti ou tiveches pois non ou sei contestou a avoa.
10
anos despois
Leire
traballaba de medico e espilcou iso a os seus compañeiros
Markel
seu primo, dixo na reunión !pero se non había vacinas¡ como se
libraron. De súpeto viu un paciente e díxolle que tiña uns
síntomas. Leire recordou o que lle dixo a súa avoa fai tempo.
O
paciente tiña vos síntomas e fixéronlle unhas probas enton tiña o
covic-19
Leire
moi asustada dixo que tiñan que estar todos nas casas pechados e a
xente maior que non saíra por que podían morrer.
Entón
leire dixo: temos que atopar a vacina, Markel.
Leire
e seus compañeiros foron probando. Leire pensou que xa o tiñan e
atopou a solución un compañeiro.Pero era moi cara entón preferiron
facelas eles traballaron moito, pero por cada vacina salvaban 50
persoas.
Que
era estupendo.
Entón
chamaron a Leire e os seus compañeiros os mellores médicos do mundo.
MAYA E O CONFINEMENTO
Autora:
(Noelia Fernández Soalleiro)
Ola,
eu son Maya, teño 12 anos e son filla única, xa que sabes que
estamos en confinamento por (COVID-19). O meu aniversario foi o 5 de
maio, foi horrible, ninguén podería vir por mor dos contaxios, non
houbo pastel, agasallos ou diversión. Pero non me importa moito
porque o que realmente importa é celebralo coa familia.
Outra
cousa que odio polo encerro é que a xente se despide, a miña nai
foi despedida. Este verán non vai ser normal, non podemos ir de
vacacións nin ás praias nin ás piscinas públicas, por sorte teño
unha piscina na casa e se todo vai ben se non hai máis infeccións,
podería traer a un amigo.
Dende
que comezou o confinamento, a miña nai e mais eu estivemos máis
preto, facemos manualidades, receitas facemos debuxos con lexia...
Gonzalo
e o confinamento (BRUNO)
Un día a familia de Gonzalo estaba dando un paseo e os seus pais
estaban falando de algo chamado covid-19 pero el non sabía o que
pasaba co virus este, o luns a nai díxolle:
- Hoxe non hai
colexio hai que estar en corentena
Gonzalo dille:
Canto tempo temos
que estar na casa?
pero ela non sabía
que dicirlle porque ela tampouco o sabía así que ela dixo:
Vai ser
indefinidamente
Ao largo dos días
Gonzalo ia aburríndose e cansando de estar na casa el solo xogar a
play e durmir porque non ten finca na súa casa ao longo dos días a
nai preguntáballe se quería ir a dar un paseo pero el preguntáballe
a súa nai:
Non había que
quedarse na casa?
a nai respondeulle:
-Xa pode se saír a
dar un paseo e tamén ir a casa dos familiares, hoxe vamos ir a casa
dos avós, logo volvemos a casa a cenar, outro dia iremos a casa da
tía.
Pero el agora ten
medo de saír da casa polo tema do coronavirus.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)